Horarios de apertura e peche: Sábado de 11h a 21h, domingo de 11h a 20h.
Torneo de Super Smash Bros Ultimate, cun premio de 700€ máis o bote do rexistro.
Individual: Sábado ás 10:30 | Parellas: Domingo ás 11:30h
Torneo de Rivals of Aether 2
Domingo ás 11:00h
175€ en premios para o TOP 3
Torneo de Tekken 8
Domingo ás 16:30h
Torneo de Guilty Gear Strive
Domingo ás 17:00h
Unha zona repleta de xogos e torneos. Apúntate no propio evento na mesa de inscricións.
Podes traer os teus mandos para xogar, asegúrate que funcionan correctamente!
O torneo de Fortnite xogarase só en PCs e utilizará as contas proporcionadas pola organización.
Como sempre, a Lérez Up terá unha zona de consolas onde xogar libremente e participar en torneos (inscrición no propio evento).
Podes traer os teus mandos para xogar, asegúrate que funcionan correctamente!
Concurso de cosplay · sábado 13 de setembro ás 17:00h no salón de actos do Recinto Feiral.
Xurado profesional de cosplay
Sábado ás 12h: Introdución e demostración de aplicación de próteses de silicona
Xurado profesional de cosplay
Domingo ás 12:30h: 3D e impresión para todos: como facer realidade as túas ideas de cosplay sen complicarte
Xurado profesional de cosplay
Domingo ás 15:30h: Aprende a transformar un cosplay sen empezalo de cero
SÁBADO 13
DOMINGO 14
Unha zona onde descubrir a pequenos creadores de videoxogos, coñecelos en persoa e probar os seus xogos.
Volve o Pasaporte Indie! Marca os xogos que probes na tua tarxeta e vota polo teu favorito ao final. Entrarás nun sorteo sorpresa e o xogo máis votado levará un premio de Comunicación para la venta.
Na Lérez Up 2025 haberá unha zona adicada a artistas e comerciais que desexen expor e vender os seus produtos.
Consulta aquí as bases para artistas e para comerciais.
Zona adicada ós xogos de mesa máis coñecidos onde tamén poderás descubrir novidades e proxectos independentes. Ubicada na primeira planta do Recinto Feiral.
Talleres de arte impartidos por diferentes profesionais do sector. Inscricións no propio evento.
SÁBADO 13
DOMINGO 14
Un punto de encontro para as persoas amantes dos xogos de cartas!
Espazo aberto para xogar, intercambiar e competir con títulos clásicos e actuais como Magic: The Gathering, Pokémon TCG e Riftbound, o novo xogo de cartas de League of Legends que se lanzará oficialmente en outubro.
Un escenario cheo de ideas, talento e voces da comunidade. Escoita as experiencias, consellos e proxectos dos convidados
SÁBADO 13
DOMINGO 14
Unha zona chegada doutra galaxia, organizada por Escuadrón SAS e Librería Seijas. Participa no taller de creación de sabres de luz e desafía a outros Jedis en duelos e torneos
Desde o Club de kendo de Vigo, Fuji Dojo, queren achegarvos o kendo, unha antiga arte marcial xaponés, que forma aos seus practicantes no manexo da espada
Un espazo con photocall onde poderedes achegarvos a coñecer o mundo da moda lolita xaponesa, da man de Alén das Avelaíñas
A túa zona de actividades favorita repite na Lérez Up! Audiotrivial, bingotaku, adiviña a personaxe, torneo de Just dance e Ultrastar, karaoke libre e máis ✨
Asociación veciña de Pontevedra que promove a filosofía Maker. Amosarán as súas creacións feitas a man con impresora 3D e ofrecerán un taller onde poderás pintar a túa figura Pokémon 3D
A asociación Ocionautas de A Estrada repite cos seu gaming feito a man onde o público de calquera idade pode achegarse a desconectar cunha chea de xogos sen pantallas
Actuación do músico Yell0 de remixes de bandas sonoras de películas, videoxogos e máis
Descubre todos os estilos da moda lolita da man de Alén das Avelaíñas
Exhibicións de combates polo Club Kendo de Vigo
Inscricións ó Concurso xa dispoñibles