11 e 12 de novembro de 2023
Pavillón de A Raña de Marín

 Sábado de 11:00 a 21:00h

Domingo de 11:00 a 20:00h

Atopa aquí as fotos do Marín Gaming Fest 2023. Non te esquezas de etiquetarnos!

Torneos

League of Legends

Torneo de League of Legends, sen límite de participantes. Fase online previa ao evento e semifinais presenciais, con 400€ en premios en metálico.

 

Super Smash Bros

Torneo do videoxogo Super Smash Bros Ultimate, aberto a 64 participantes e con 280€ en premios en metálico.

 

Tamén haberá torneos de: Mario Kart 8, Tekken 7, Street Fighter 6, Rocket League (2vs2), TFT e EA Sports FC24. Consulta os horarios na programación completa.

ZONAS

Sim Racing & VR

A realidade virtual chega á Marín Gaming Fest a través do videoxogo Beat Saber. Un xogo de ritmo onde terás que cortar e esquivar os bloques que voan hacia ti para lograr as puntuacións máis altas. 

Para os simuladores de coches estarán dispoñibles os xogos Asseto Corsa e Project Cars 2.

 

Xogos de mesa e Magic

Un espazo onde pasar as horas cos teus amigos probando novos xogos e participando en diferentes torneos (como Navia, Catan ou Magic). Tamén poderás xogar a partidas de rol (CiberPunk e Star Wars).

Coordinado polas asociacións Percalandia e Gáidil, Rotting Pizza e Tempus Ludit.

 

Talleres

Nesta zona impartiránse diversas actividades: 

  • Torneo Takkure (por Rotting Pizza)
  • Presentación do xogo Mind Bug (por Librería Seijas)
  • Taller de retrato a bolígrafo (por Belén Diz)
  • Obradoiro de banda deseñada e sinatura de libros (por María Bren)
  • Taller origami (marcapáxinas triangular)
 

Jugger

As actividades de Jugger desta edición abarcan dende torneos, partidos de exhibición, tutoriais e moito máis.
Si es un amante dos videxogos e da acción en tempo real, o Jugger é a experiencia que non querrás perderte!

Coordinado polo Club Deportivo Olívico Jugger Vigo

 

Escenario

Ademáis das charlas impartidas polo noso xurado de Cosplay, teremos o pracer de contar coas ilustradoras Laprislázuli e Anaguchi.

Falarán sobre a súa experiencia con autopublicacións, fanzines e editoriais na súa charla «Tes unha idea? Así podes publicala» .

 

C.J. La Estación

No Marín Gaming Fest tamén haberá diversión offline na Zona C.J. La Estación. Actividades como retos de debuxo, jenga xigante, nerf e xogos variados.

Organizado polas asociacións estradense Ocionautas, Imaxina e Axuda e The Blank Space. 

COSPLAY

O domingo 12 de novembro ás 17:00 realizarase a pasarela de cosplay!

Os 50 participantes máis habilidosos en costura, patronaxe e interpretación competirán para demostrar quen ten a caracterización máis orixinal e fiel ó seu personaxe.

CLARICE COSPLAY

Charla «Iniciación ao propmaking», o domingo ás 12:30h

MIDORII YAMATE

Charla «Perfeccionamento do cosplay», o domingo ás 13:10h

BELIA COSPLAY

Mesa redonda con Midori e Clarice, o domingo despois da pasarela

STANDS

No Marín Gaming Fest 2023 disporemos de mesas para aqueles artistas que desexen participar no evento e ofrecer as súas creacións! 

Estos postos plantéxanse coma espazos onde creadores independentes (artistas, artesáns, ilustradores, asociacións…) poidan vender e expoñer os seus productos.

Organizado por

Patrocinadores

Colaboradores

A